Mantemento_preventivo_sistemas._Monitorización.

ct.galega
Que é a monitoraxe?

Un sistema de monitoraxe permítenos controlar en tempo real o estado dos recursos informáticos. Mediante alertas e controis periódicos detectamos os posibles problemas que poden presentar as infraestructuras e, en resumo, anticiparnos ás súas consecuencias.

O rendemento anómalo dun procesador ou un sistema de almacenamento pode indicar algún tipo de avaría antes de que se produza. Deste xeito, pódese actuar antes da empresa se vexa na obrigación de deter a súa actividade.

E o mantemento preventivo?

O noso equipo de soporte efectúa revisións periódicas sobre os sistemas. Estes controis están deseñados para asegurar o rendemento óptimo das infraestruturas e deste xeito anticiparse a un problema. Ademais, emitimos informes periódicos co estado dos sistemas e o resultado das comprobacións.

Nos controis de seguridade inclúense controis de acceso, estado dos backups, actualización e parches, entre outros.
 

ct.galega

C/ Chantada, 177,Baixo
Monforte de Lemos 27400 · Lugo
982 87 43 12
info@ctgalega.com

microsoft partner
agora