Que_é_o_Kit_Consulting?

ct.galega
Que é Kit Consulting?

Kit Consulting é un programa apoiado pola Unión Europea que nos permite ofrecer servizos de consultoría dixital especializada ás pequenas e medianas empresas para impulsar a súa transformación dixital. Co financiamento dos fondos Next Generation EU, Kit Consulting ofrece asistencia mediante bonos de asesoramento, o que permite ás empresas deseñar unha folla de ruta personalizada para a súa dixitalización.

A quen vai dirixido?
Os servizos de Kit Consulting están dirixidos a pequenas e medianas empresas que teñan entre 10 e menos de 250 empregados. Este programa está deseñado para axudar a estas empresas a aproveitar as oportunidades da dixitalización, mellorar a súa competitividade e eficiencia no mercado actual.

Como acceder a Kit Consulting?
Solicitude do Bono de Asesoramento: as empresas interesadas deberán solicitar o Bono de Asesoramento de Kit. Durante este proceso, ofrecemos asistencia para garantir que todas as etapas se completen correctamente.
Prestación do Servizo de Asesoramento:
Unha vez obtida a bonificación, prestamos o servizo de asesoramento. Acompañamos ás empresas en cada paso do seu proceso de dixitalización, garantindo unha implantación efectiva das solucións recomendadas.
Para poder optar a estas, as empresas deben estar rexistradas en España, estar ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e non atoparse en situación de insolvencia financeira.

Que servizos ofrece Kit Consulting?
Asesoramiento en Inteligencia Artificial
Asesoramiento en Análisis de Datos (Básico)
Asesoramiento en Análisis de Datos (Avanzado)
Asesoramiento en Ventas Digitales
Asesoramiento en Procesos de Negocio o Producción
Asesoramiento en Estrategia y Rendimiento de Negocio
Asesoramiento en Ciberseguridad (Básico)
Asesoramiento en Ciberseguridad (Avanzado)
Asesoramiento en Ciberseguridad (Preparación para Certificación)
Asesoramiento “360” en Transformación Digital
Os importes da bonificación varían segundo o tamaño da empresa:
As empresas de 10 a 49 traballadores poden recibir ata 12.000 euros
As empresas de 50 a 99 traballadores poden percibir ata 18.000 euros
As empresas de 100 a 199 empregados poden percibir ata 24.000 euros

ct.galega

C/ Chantada, 177,Baixo
Monforte de Lemos 27400 · Lugo
982 87 43 12
info@ctgalega.com

microsoft partner
agora